CONCELLO:
A primeira noticia documental que temos de Láncara data do século X, cando Don Gonzalo, fillo de Alfonso III, fai doazón, no seu testamento, da vila de Láncara ó Bispo de Santiago de Compostela.
A vila de Láncara converteuse en señorío de Láncara dende a época en que foi recuperada por Ordoño II, irmán de Don Gonzalo, en troca co Bispo de Compostela polas vilas de Oza e Cela.
Nas décadas de 1830 e 1840 lévanse a cabo varias reformas institucionais e administrativas que nos afectan. O actual municipo de Láncara surxe no 1889. A capitalidade do concello estaba emprazada en Carracedo, onde se construiu un novo edificio no ano 1910 para alberga-la Casa Consistorial.
Coa construcción da liña de ferrocarril Sarria-Lugo no 1880 Póboa de San Xiao foi gañando importancia en detrimento de Láncara, feito que rematou co trastado da capitalidade municipal á Poboa en abril de 1958.
FESTAS E FEIRAS:
–FEIRA GASTRONÓMICA E COMERCIAL: Días 2 e 17 de cada mes en Pobra de San Xiao.
–FEIRA GASTRONÓMICA DE LÁNCARA: Día 24 de cada mes en Láncara.
–FEIRA ANUAL DA TERNEIRA GALEGA: 1 de Maio no Recinto Feiral de Pobra de San Xiao.
–FESTA DE SAN ROQUE: Terceira fin de semana de agosto.
–FESTA DA MALLA: No mes de agosto celébrase esta festa na que se recorda esta tradicional tarea agrícola consistente en separa-los graos de trigo da espiga e da palla.